ORGANIZAN: CONCELLO DE ROIS e COLECTIVO REMONTE
SÁBADO 4 DE XULLO DE 2026 – 19:00 H.

Estimadas/os amigas/os:
Achegámonos á XVII edición da ANDAINA POR PARELLAS. Serán aproximadamente 15 quilómetros circulares, de baixa dificultade, para que a poidan rematar persoas cunha mínima preparación. A inscrición farase a través deste enlace.
Haberá 1 control intermedio con avituallamento (aprox. km 7,5) no que as dúas persoas que formen a parella terán a obriga de pasalo xuntas. Ás persoas que rematen entregaráselles un diploma acreditativo.
O obxectivo da proba é: promocionar a actividade deportiva entre persoas de diferentes idades; promover o respecto pola natureza, favorecer o diálogo e aumentar a amizade.
Por iso pedimos que difundades esta marcha entre coñecidos, amizades, compañeiros e veciñanza.
Proba con SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL, VESTIARIOS E PINCHOS.
Como sempre contamos con todas e todos vós. Moitas grazas e saúdos.
Inscrición
SAÍDA E CHEGADA: Polideportivo de Rois
PERCORRIDO (15 km aprox.):
Polideportivo de Rois – Rois – Penicias – O Foxo – Infesta – Os Dices – Polideportivo de Rois – A Pontenova – Cornes – A Peruca – A Peroxa – Lamego – Seira – Capela do Socorro – Oín – Polideportivo de Rois.
RECOLLIDA DE DORSAIS: de 17.00 h a 18.45 h
NIVEL DE DIFICULTADE: Baixo
INSCRICIÓN: 10 €/parella
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do luns 1 de xuño ao mércores 1 de xullo de 2026.
Menores de 14 anos: deben ir cunha persoa adulta.
MÁIS INFORMACIÓN:
Multiusos de Rois (Deportes): 981 816 061
Colectivo Remonte: 630 708 485
Concello de Rois – Colectivo Remonte – 2026