Concellos de Padrón, Rois e Dodro
Sábado 18 de Abril de 2026
CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO
Percorrido de 50 Km. dividido en 2 aneis (31+19), que transcorre por sendas, ríos, pistas forestais, sendeiros e aldeas con chan asfaltado.
Os roteiros estarán sinalados con fitas e frechas e puntos de cor LARANXA no chan.
COMO FACER A PROBA
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo. A organización posibilita facer o percorrido de 2 xeitos diferentes:
- CON RETENCIONS: Tes que facer a proba CAMIÑANDO. (Haberá retencions nos controis). Tempos para rematar a proba: entre 7:30 e 11:30 horas).
Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “Liga Ibérica de Sendeirismo 2026 da Federación Galega de Montañismo ”.
(Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aquel@s e teñan licenza federativa no 2026 e consigan rematar un mínimo de probas que estabelecerá a Federación).
Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade, de xeito que non teran dereito a recibir o diploma.
Os/as camiñantes que non completen o percorrido no seu diploma figurará o número de km. feitos, según os controis da organización. - SEN RETENCIONS: Non terás retencions nos controis, polo que podes facer a proba CORRENDO ou TROTANDO. (Tempo máximo para rematar: 6:15 h.)
Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 4:00 horas no km: 31 (7,9 Km/h). De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ( previa retención) ou terá que abandoar.
Recomendase que levedes mochila con provisions, pois non garantizamos que os avituallamentos esten abertos cando pasedes.
@s que completen no tempo establecido a proba na modalidade de “Sen retencións”, o diploma non lle computa para a Liga Ibérica de Sendeirismo.
(ainda que ao escribiros marcasedes una opción, o mesmo día poderiades cambiala pola outra)
Nº DE PLAZAS
A proba non ten límite de prazas de inscripción entre o 1 de Decembro eo 14 de Abril (23:59 h).
PARTICIPANTES
Saída: Atrio do Convento do Carme (42º 44′ 19.9″ N – 8º 39′ 47.9″ W.) as 09:00 horas. A recollida de dorsais será no Polideportivo Municipal do Souto de 7:30 a 8:50.
Os primeiros 1.000 m. son neutralizados. Aquel@s que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
En resumo, as opcións para participar na proba son as seguintes:
- OPCIÓN 1: 50,0 Km completa Saída: 09:00
- OPCIÓN 2: 31,0 Km 1º anel Saída: 09:00
- OPCIÓN 3: 19,0 Km 2º anel Saída: 09:00 e 13:45
Aconsellase levar calzado que suxeite ben o pe e unha mochila con: tfo. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, cantimplora ou bidón (non se facilitarán vasos de plástico nos avituallamentos).
O dorsal-pulseira ( haberá 2 cores: andareg@s e sen retencions) deberá levarse posta, e para poder participar na comida do final haberá que amosala na entrada da carpa.
Ideal dispor da licenza federativa (montaña) ou algún seguro deportivo.
Deberán socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
Os que abandonen por vontade propia, deben facelo nos controis. So en caso de lesións que impediran seguir camiñando debese avisar a calquer voluntari@ da organización. Si se trata de una urxencia chamar o 112.
Recoméndase non saltar os avituallamentos e inxerir cantidades pequenas (alimentos xenéricos) polo que persoas con intolerancias, alerxias, ou necesidades alimenticias específicas deben traer a sua propia alimentación.
Aconsellase non participar con cans ou outros animais de compañia, xa que os seguros deportivos e de responsabilidade civil da proba non cubren a súa participación, polo que a resposabilidade do que poda suceder e dos don@s.
Autorizan á organización á gravación da súa participación, eo consentimento para a súa imaxe para a promoción e difusión da imaxe da proba en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, internet, carteleira, medios de comunicación, etc.) e cede tódolos dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa parte de recibir compensación económica algunha.
Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.
.
ORGANIZACIÓN
Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NO ESTÉN FEDERADOS na Federación Galega de Montañismo. (o seguro non cubre a participación de mascotas).
Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.
Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados. Non se facilitará o track da proba aos participantes.
Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.
Para o correcto desenvolvemento da proba a organización poderá facer as modificacións que coide necesarias, en caso de forza maior podería aplazarse a proba. (@s inscrit@s non pagarían nada na nova data).
Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen (grupos de 4 en cada viaxe) nos puntos de control-avituallamento.
A merenda-cea comenzará a servirse a partir das 18:00 ata as 21:30.
ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2026