18ª Andaina por Parellas do Concello de Rois

ORGANIZAN: ASOC. COLECTIVO REMONTE e CONCELLO de ROIS

SÁBADO 26 DE SETEMBRO – 16:30 H.

COMUNICADO SOBRE A ANDAINA POR PARELLAS DE ROIS

A 18ª edición da Andaina por parellas de Rois, que foi aprazada por mor das altas temperaturas rexistradas na fin de semana do 4 e do 5 de xullo seguindo as indicacións da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, reprográmase para o sábado 26 de setembro.

O 26 de agosto vaise abrir un segundo prazo de inscrición, momento en que se facilitará máis información.

As persoas xa inscritas manterán a súa praza sen necesidade de realizar ningún trámite adicional. No caso de que algunha persoa inscrita non poida asistir por calquera motivo, poderá substituírse por outra (ou outras) no seu lugar.


Agardamos vervos alí e desexámosvos un feliz verán.

Recibide un cordial saúdo,


Achegamonos a 18ª edición da CAMIÑATA por PARELLAS. Serán 15 kilómetros circulares, de baixa dificultade, para que a poidan rematar persoas con unha mínima preparación. A inscrición farase por plataforma de pago através da nosa web.

Haberá 1 control intermédio con avituallamento (aprox. 7:500 Km) no que as dúas persoas que formen a parexa terán a obriga de pasalo xuntos. A os que rematen daraselle un diploma acreditativo.

O obxetivo da proba e: promociar a actividade deportiva entre persoas de diferentes idades; promocionar o respecto pola natureza, favorecer o diálogo e aumentar a amizade.

E por elo que pedimos que publicitedes esta marcha entre coñecidos, amigos, compañeiros e veciños.

Proba con: SEGURO de ACCIDENTES e R. CIVIL; VESTIARIOS e PINCHOS.

Como sempre contamos con tod@s vos. Moitas grazas e saúdos.

Inscrición

SAÍDA E CHEGADA: Pavillón de Rois

PERCORRIDO (15 Qm): Polideportivo de Rois, Rois, Penicias, O Foxo, Infesta, Os Dices, Polideportivo de Rois, A Pontenova, Cornes, A Peruca, A Peroxa, Lamego, Seira, Capela do Socorro, Oín e Polideportivo de Rois

RECOLLIDA DE DORSAIS: de 15.00 h a 16.15 h
NIVEL DE DIFICULTADE: Baixa

INSCRICIÓN: 10 €/parella
Do mércores 26 de agosto ao xoves 24 de setembro ás 22.00 h.
Menores de 14 anos deben ir cunha persoa adulta

MÁIS INFORMACIÓN: Multiusos de Rois (Deportes): 981816061 ou Colectivo Remonte: 630708485

Asociación Colectivo Remonte-2026